A historia de Salvador Rosental e os Dainow-Dicker, médicos xudeus en Ourense represaliados polo fascismo


A historia de Salvador Rosental e os Dainow-Dicker, médicos xudeus en Ourense represaliados polo fascismo durante a Guerra Civil Española.


Salvador Rozental Lerner, moldavo de 1908 foi un médico que  exerceu en Galicia  durante os anos 30. Pero como a tantos outros, cruzóuselle no medio a guerra civil. O mesmo pasoulles á familia Dainow Dicker, que escaparon da guerra civil na Praza Maior de Ourense e acabaron todos no campo de concentración francés de Drancy, na redada parisiense do Vel D´hiver.

A finais do Século XIX, os progromos zaristas no Imperio Ruso se fixeron xa insoportables para moitas familias xudías que decidiron emigrar a Estados Unidos ou Arxentina, entre outros lugares; unha significativa cantidade deles instalouse en Xenebra, onde se formaron na súa universidade como avogados, médicos e outros oficios liberais. Ninguén sabe por que algunhas desas persoas decidiron instalarse en Galicia a principios do S XX.

Salvador Rozental, no entanto, formouse como odontólogo na Universidade de Madrid. De Salvador Rozwental sabemos o por que de instalarse na Coruña: en 1929 casou cunha Dainow-Leia, irmá de Volodia Dainow Wilensky. Leia tamén era dentista. Pódese encontrar a publicidade que pagaba en diferentes xornais da época.  Salvador, a principios da Primeira Guerra Mundial, emigrou a Perú, e dende alí pasa a Galicia, para ir logo a estudar odontoloxía a Madrid e ao regresar casar con Leia, a filla de Volodia e de Marie Dicker.

A súa consulta estaba na Praza Maior de Ourense pero foron crecendo e abrindo sucursais por pequenas vilar galegas coma Ribadavia e Verín que rexentaban familiares (Zilbermann, Clara H.Dicker e moi posiblemente Rozental) En 1936 tiñan consulta en Celanova. Sabémolo porque no expediente de incautación de material odontolóxico de Volodia Dainow hai un documento de 1938 no que se fai referencia a Incautación de material "do Gabinete Dental instalado na vila de Celanova, do cal era propietario un dentista ruso". Acompáñase dunha listaxe detallada e precisa de todo o incautado: cadeira de brazos dentista, torno de dentista, fresas de empaste, dentes de porcelana, gatillos de extracción, estiletes; o expoliado destinábase a hospitais militares franquistas.  O mesmo ocorreu aos demais, (Kuper, Zbarsky, Kuperstein, Selbmann, Lindner.

Os Dainow Dicker, represaliados de moitas formas, exilaronse en París. Non podian supor que lles agardaba o nazismo. Salvador, despois de loitar en Xaén e traballar como intérprete para as Brigadas Internacionais, marcha a América, e casa en Bogotá cunha rapaza xudía, Ruti Klinger. Foi fundador e secretario da Fundación Sionista de Colombia en 1942, ademais de Cónsul  Honorario de Israel en Bogotá. Desenvolveu unha importante actividade en favor dá creación do Estado de Israel a través da Axencia Xudía. Grazas a esta organización trasladouse a Nova York onde traballou de forma activa nas Nacións Unidas. Salvador Rozental faleceu en Miami en 1993.

O ano pasdo fíxose unha homenaxe aos Dinlow Dicker en Galicia. Asistiu unha neta súa, Kuky. Por ela sabemos que Miguel,  o seu pai, regresou en 1949 a Ourense para volver ser dentista. Faleceu en 1975. Volodia só regresou de algunha vez de visita.

Comentarios

Toda esta información está tomada de mi Blog. Ver la entrada/post:
El médico dentista ruso-judío Salvador Rozental, la Comisión ProMilenario de Celanova (Ourense, primavera de 1936) y otros periplos
https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2017/09/el-medico-dentista-ruso-judio-salvador.html

Un saludo
David Simón-Lorda