A actualización dos kibbutz desde o seu modelo orixinal socialista


Por Shimon W. Laren 

Un dos testemuños máis interesantes do fenómeno do socialismo e o que representan os kibbutz israelís. Orixinalmente comunidades socialistas, sen os tradicionais muros coercitivos dos estados socialistas, pero con fortes vencellos internos establecidos polos lazos comunitarios inculcados no seo de tales sociedades, que se foron debilitando xeración tras xeración, debido ás frustracións individuais dos máis novos, a súa necesidade de ver o mundo exterior, e os problemas económicos xurdidos. Por outra banda, a inhibición das aspiracións individuais e a súa submisión á comunidade tivo, paradoxalmente, o efecto de facer a uns menos iguais que os demais, creando un sistema estratificado e autoritario:

Para resumir, salientamos que os kibbutz sempre enfrontaron dilemas e tensións, e por tanto conflito e cambio. A comunidade de kibbutz é motivada polo igualitarismo e a coparticipación, pero está en constante transformación, e estes principios foron gradualmente restrinxidos a un rol menos central na vida social, deixando incrementalmente máis espazo ao individualismo e a familia. O endémico principio comunitario binario evoloiu cara a un polo máis individualista e afastado do colectivismo estrito das orixes.



Este desenvolvemento foi influenciado polo feito de que os membros dun kibbutz tamén constitúen un empresario colectivo. O emprendimiento influenciou profundamente á comunidade, alentando a diferenciación social que, nos kibbutz desenvólvense sobre a base da autoridade, o prestixio e a influencia e, como en calquera lado, forman a base das distancias sociais, tendencias oligárquicas, a política de grupos, e outras formas de vida social que son o resultado da estratificación. É máis, cando a relación entre os membros tórnase máis formal, fría e inexpresiva, o illamento e a alienación tenden a estenderse nas contornas marxinais. Tales procesos debilitaron a cohesión social dos kibbutz e alentaron o seu deslizamiento cara a unha individualización aínda máis pronunciada.

Nos anos 50 instituiuse o intercambio temporario de mozos entre os diferentes kibbutz da federación estatal. Nos anos 60 permitiuse a saída temporal fora da federación, para traballar, facer diñeiro e financiarse unha viaxe polo mundo antes de establecerse definitivamente no kibbutz. Xa nos 70 empezouse a permitir longos anos fora para estudar na educación superior:

É da convicción dos investigadores que este dez ou máis anos de estado temporal reflectían nada menos que a reluctancia da mocidade de pensar no seu establecemento nos kibbutz. Esta moratoria expresa a falta de entusiasmo dos mozos de ingresar á vida dos kibbutz como adultos e, por outra banda, a súa resistencia a enfrontar a crucial decisión de separarse definitivamente dos seus kibbutz. É máis, na presente era de transformación, estes mozos son unha terceira xeración, cuxos pais, a segunda xeración, expresábanlles unha actitude cara á vida nos kibbutz moito menos clara e inequivocamente comprometida que a que os fundadores, os seus avós, expresaban cara aos seus fillos.

Desta forma non lograron sobrevivir aos principios socialistas e tras a súa crise nos anos 80 comezaron a flexibilizarse e a combinar xestion colectiva e iniciativa capitalistas, ao momento que actualmente moitos kibbutz son industrias cooperativas privadas cuxas accións cotizan nas bolsas de Tel Aviv, Nova York e Londres.



En fin, a historia do socialismo non é a mesma en todos lados, depende de se hai ou non un estado detrás. Se os experimentos socialistas comunitarios dos inicios da revolución rusa non foran desmantelados polo crecente poder da burocracia soviética e o advenimiento do estalinismo, seguramente terian fracasado de igual xeito. O socialismo democratico e cooperativo combinado co estimulo do libre mercado e a forte innovación, permite aos kibbutz ser unha illa de resultados positivos despois de máis de cen anos de vida en Israel. Por que non tiñeron réplica en outros puntos do planeta é unha incógnita e con certeza unha magnífica ocasión perdida para desenvolver zonas principalmente agrícolas no terceiro mundo.

Comentarios